RAPOSO CORUÑA |
O equipo "Os Cazafellos" foi o gañador |
16/1/2012 |
Un total de 51 equipos participaron neste campionato provincial O pasado 14 de xaneiro, tivo lugar o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Rois, Padrón, Rianxo, Brión, Ames, Boiro e Noia-Lousame. A elevada participación de equipos foi a nota predominante nesta fase provincial, xa que concorreron máis de medio centenar de cuadrillas raposeiras. |