SEGURO FEDERATIVO |
Mutuasport indemniza á familia de Francisco Javier Suárez |
16/1/2012 |
O pasado venres día 30 de decembro do 2011, a Federación Galega de Caza fixo entrega da indemnización económica a familia do cazador federado Francisco Javier Suárez, falecido no ano 2009 durante o desenrolo da actividade cinexética. A entrega do importe económico tivo lugar na sede da Federación Galega de Caza en A Coruña, sito no concello de Carballo e no que interviron representantes de dita Federación a nivel autonómico e provincial. No transcurso do acto, a viúva do falecido amosou o seu agradecemento polo trato recibido dende a Federación Galega de Caza así como as facilidades na tramitación e xestión de dita indemnización. |