CAZA RAPOSO |
O equipo Roimil foi o gañador en Friol |
11/1/2012 |
O pasado 8 de xaneiro, tivo lugar no concello lucense de Friol o VII Campionato de Caza de Raposo, proba puntuable para a Copa Federación e disputada nos terreos do Tecor da Sociedade de Cazadores de Friol. Na proba participaron un total de 10 equipos que durante a xornada tentaron dar caza aos abundantes e astutos raposos da zona. Unha vez feita a entrada en control de tódolos equipos dentro do horario previsto e analizadas as capturas, o Xurado de Competición deu como gañador o equipo de Roimil con 1.000 puntos. En segundo lugar, e coa mesma puntuación, clasificouse o equipo Fox. Xa no terceiro posto situábase a cuadrilla Farelo con 500 puntos. |