CAZA ARCEAS
O cazador galego, Antonio González Álvarez, publica o libro “La Caza de la Becada”
23/12/2011

O libro “ La caza de la becada” é obra do resultado da meditación nos derradeiros anos de como transmitir as experiencias do autor, así como a de tantos cazadores de certa idade que tiveron a oportunidade de experimentar moitas xornadas de caza tra-las arceas.

No caso do autor, Antonio González, en espera de que algún neto lle poida saír a vena cazadora do avó, dinos con gran tristeza pola súa parte,  “a mis dos hijos no supe inculcarles el amor que yo siento hacia la caza, por lo que ellos son más de fútbol y de otros deportes que de esto de andar pateando monte de arriba para abajo”. Aínda que non deixa de ser unha anécdota, é tamén unha escusa para de poder transmitirlle a xeracións futuras as súas experiencias. Nalgúns casos será froito da casualidade en algún lance concreto e en outras seguro que son pautas fiables do comportamento da becada. Todas elas poderán ser valoradas polo lector como as vivencias dun cazador de arceas que non se sinte con autoridade para escribir dito libro, por ser mellor ou peor cazador de arceas, senón por ter a suficiente idade como para haber vivido encontros suficientes coa “dama” para poder contárllelos. Os contidos deste libro, entre outros son: O hábitat, a migración, a rebusca, o can, o tiro, o cartucho e a escopeta.

O autor agarda que deles, os xóvenes saquen experiencias enriquecedoras e os cazadores experimentados uns agradables momentos de lectura, lembrando nostálxicos recordos.

Todo aquel que este interesado en conseguir algún exemplar deste libro, poderao facer mediante o correo electrónico: antonio@de-pasarin.com . Tamén estará a venta nas catro Federacións Provinciais de Caza así como na sede central da FGC en Santiago de Compostela.