PREMIOS DEPORTE GALEGO |
Candidatos cinexéticos aos Premios do Deporte Galego 2010-2011 |
15/12/2011 |
Con motivo da convocatoria dos Premios ao Deporte Galego da tempada 2010-2011 da Secretaría Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Caza ven de propoñer a esta institución os seus candidatos para a presente edición. O obxectivo destes premios é recoñecer a aquelas persoas, entidades, clubs, empresas, medios de comunicación, etc., que se teñen implicado no progreso do deporte na comunidade galega. Como federación deportiva galega, a FGC ten a responsabilidade de elixir aos seus candidatos a estes importantes premios. É de recibo destacar a excelente actuación de tódolos deportistas cinexéticos galegos nesta tempada onde se acadaron multitude de medallas a nivel nacional e internacional en diversas disciplinas, o que pon de relevo a excelente forma na que se atopan os nosos deportistas, así como a dificultade para escoller aos mellores candidatos en cada apartado. Así pois, repasados tódolos resultados desta pasada tempada, a Federación Galega de Caza decidiu propoñer aos seguintes deportistas:
|