ARCEAS |
O ourensán José Carlos Otero Pérez é o novo campión galego |
9/12/2011 |
XVI Campionato Galego de Caza de Arceas O pasado 3 de decembro disputouse no Tecor da Sociedade de Caza “A Tomiñesa” sito no concello pontevedrés de Tomiño, o Campionato Galego de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en colaboración con dita Sociedade de Caza. Á cita acudiron un total de 22 participantes clasificados dende os seus respectivos campionatos provinciais e o campión da edición anterior. Todos eles, xunto cos seus xuíces asinados por sorteo, tomaron partida nesta importante cita do calendario de competicións da Federación Galega de Caza. Unha vez que fixeron a entrada tódolos participantes no control, todos eles dentro do horario previsto pola organización, o Xurado de Competición, a vista dos resultados deu a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: José Carlos Otero Pérez foi o Campión Galego con 1 arcea e 500 puntos. Co mesmo número de puntos situouse o cazador pontevedrés Andrés Pereira Pereira que acadou o subcampionato. Xa no terceiro posto, tamén co mesmo número de puntos e pezas que os dous primeiros clasificados, situouse o coruñés José Constantino Domínguez Agulleiro. Estes dous primeiros clasificados representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España de Caza de Arceas que se disputará o vindeiro día 17 de decembro en Sos del Rey Católico – Zaragoza. |