ARCEAS OURENSE |
A sorte da como gañador a Jaime Pintos |
28/11/2011 |
Campionato Provincial de Ourense de Caza de Arceas O pasado 26 de novembro disputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores de Nogueira de Ramuín o Campionato Provincial de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense coa colaboración de dita sociedade. A falta de arceas e a pouco participación, tan so 5 cazadores, foi a nota predominante nesta fase provincial de caza de arceas. Unha vez rematado o tempo de competición, o Director da Proba, Manuel Feijoo, xunto co Xurado de Competición, e unha vez realizado o sorteo, deu a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: Campión Provincial Jaime Pintos Dávila, subcampión Camilo Pacios Viso e completou o podio o cazador José Luis Mendez Tesouro. Estes tres cazadores, xunto con José Carlos Otero Pérez, conformarán a representación da provincia de Ourense no vindeiro Campionato Galego de Caza de Arceas que se disputará o próximo sábado día 3 de decembro. |