ARCEAS PONTEVEDRA |
Andrés Pereira proclámase campión provincial en Mondariz |
28/11/2011 |
XVIII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas O pasado 26 de novembro, disputouse no Tecor da Sociedade de Caza a Mondarizana o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra coa colaboración da Sociedade de Caza A Mondarizana. Na liña de saída ata 22 cazadores da provincia se deron cita nesta fase provincial na procura desta migratoria e así acadar praza na proba autonómica que se disputará o vindeiro sábado día 3 de decembro no Tecor da Sociedade de Caza A Tomiñesa. Excepto o cazador Vasconcellos Vicente que chegou fora do horario previsto o resto de participantes entraron no control a tempo, algúns con caza e moitos deles con avistamentos de arceas. Foi o cazador Andrés Pereira Pereira o que con 2 arceas e 1000 puntos o que acadou o primeiro posto converténdose no novo campión provincial da especialidade. Co mesmo número de pezas e puntos, situouse o subcampión Jaime Villaverde Balado. O terceiro caixón foi ocupado por Julio Pereira Martínez. Estes tres primeiros clasificados xunto con Rafael Barbosa Eira, Jorge Carrera Davila e Ismael Oya Figueiroa conforman o equipo da provincia de Pontevedra para o Campionato Galego de Arceas. |