NOVA LEI DO DEPORTE
Nova xuntanza entre o Presidente da FGC e o Subdirector de Deportes
9/11/2011

Nogueira insiste nas alegacións presentadas pola FGC á nova Lei do Deporte de Galicia

A Federación Galega de Caza presentaba no pasado mes de maio ante a Secretaría Xeral para o Deporte varias alegacións á nova Lei do Deporte de Galicia, algunhas delas recollidas no novo texto que está actualmente en trámite parlamentario, sen embargo unha das emendas máis importantes, a referente ao procedemento de eleccións nas sociedades de caza non foi estimada, polo que o Presidente federativo reuníase novamente durante na mañá de hoxe co Subdirector Xeral de Deportes, Carlos Gómez, quen se comprometeu  a estudar a proposta federativa, de xeito que a elección dos cargos e órganos das sociedades de caza se elixan tal e como se contemple nos seus propios estatutos.