CAZA MENOR LUGO |
Antonio González adxudícase o provincial en Sarria |
31/10/2011 |
Na fase provincial participaron un total de 17 cazadores O pasado 29 de novembro desputouse na explotación cinexética de A Xesteira, no concello de Sarria, o Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Lugo coa colaboración de dita explotación. A xornada transcorreu sen imprevistos e baixo unhas condicións moi óptimas para que cans e cazadores percorreran os montes na procura das diferentes especies de caza menor. As 13:30 era a hora límite para que os participantes xunto cos seus xuíces fixeran a entrada no control, mencionar que tódolos cazadores fixeron a súa entrada dentro de dito horario previsto. O Xurado de Competición á vista dos resultados de pezas aportadas ó control, deu a coñecer a clasificación que quedou do seguinte xeito. Antonio González Álvarez cunha percha de 1 perdiz, 1 pomba torcaz e 1 paspallás acadou un total de 760 puntos o que o comverteu deste xeito no novo Campión Provincial da especialidade. En segunda posición clasificouse David González Revaldería con 1 perdiz abatida e 510 puntos, mesmos puntos que Francisco Javier López Salvador quen con unha perdiz abatida ocupaba o terceiro posto da clasificación. Estes tres primeiros clasificados xunto con Alonso López Fernández e Jaime González Yáñez conformaran o equipo que representará á provincia lucense no vindeiro Campionato Autonómico da especialidade. |