SETTER CAZA PRÁCTICA
O galego Andrés Pena, Campión de Europa Setter con “Jana de Bosende”
19/10/2011

A localidade francesa de Bourideys na rexión de Las Landas era o escenario os pasados 17 e 18 de outubro do Campionato de Europa Setter de Caza Práctica, organizado pola Setter Club Internacional en colaboración co Setter Club de Francia.

Un total de 36 cans chegados de case tódolos rincóns de Europa tomaban parte na proba, sendo a setter inglés “Jana de Bosende” do lucense Andrés Pena Vázquez, o que acadaba o primeiro posto en categoría de femias e tamén en absoluta cun 1º Exc CACT-CACIT.

Pena acudía a este campionato convocado polo Setter Club de España xunto con Paco Gómez, de Córdoba; José Luís Sanz, de Valladolid; Lorenzo Urra, do País Vasco; e Antonio Cobo, de Barcelona; que completaban a convocatoria.