RASTRO DE COELLO
Juan Francisco Pousa impúxose na III edición da Copa España
10/10/2011

Na proba nacional participaron un total de 18 lotes

O pasado 8 de outubro, tivo lugar no concello pontevedrés de Valga, concretamente no Tecor de San Huberto, a III edición da Copa de España de Cans de Rastro modalidade Coello, organizado polo Real Federación Española de Caza e a Federación Galega de Caza en colaboración coa Sociedade de Cazadores do Tecor de San Huberto de Valga.

A proba asistiron un total de 18 lotes compostos por 4 cans cada un, e foron xulgados polos xuíces José Moure Caneda, Roberto Carlos Costa Tellado, José Montoiro González e Francisco Javier Silva Fontán.

As boas condicións climáticas, quizais cunhas temperaturas superiores as agardadas para esta época do ano, fixo que no transcurso da competición o público asistente puidese desfrutar de moi boas presentacións dos lotes participantes. Feito este que estivo moi influenciado pola boa densidade de coellos que atesoura este Tecor pontevedrés.

Unha vez rematada a competición, o Xurado da Proba, constituído por Antonio Pensado Martínez, Gustavo Miguéns Gasamans e Manuel Martínez Casal, actuando este último como Director da Proba, deron a coñecer a clasificación final quedando do seguinte xeito: O primeiro posto, e polo tanto campión da III Copa de España de Cans de Rastro modalidade Coello foi para Juan F. Pousa Fernández co lote formado por “Chita”, “Pinta”, “Luna” e “Yoli” con 525 puntos. O segundo posto recaeu en Jaime López Castro con “Pistón”, “Ton”, “Linda” e “Tina” e un total de 500 puntos. “Terry”, “Ali”, “Champán” e “Duco” constituíu o lote clasificado en terceira posición e propiedade de Oscar Esparís Agra e 493 puntos.

O xurado outorgou ao can “Pistón” propiedade de Jaime López Castro o premio o Mellor Can da Proba con 140 puntos.