PESAR |
A FederaciĆ³n Galega de Caza lamenta o fatal accidente sucedido en Lugo |
29/9/2011 |
A Federación Galega de Caza quere manifestar a súa consternación e fondo pesar pola perda dunha vida humana o pasado martes, neste caso do xove de 25 anos P.G.G. no municipio de Lugo, por disparo dunha arma empregada dende o seu coche. Segundo certas informacións, o falecido e o seu acompañante atoparíanse intentando abater ilegalmente un corzo. De confirmarse este extremo, a FGC manifesta a súa condena e repulsa cara este tipo de actos que, afortunadamente, son moi illados na nosa Comunidade. A caza é un deporte totalmente seguro, sempre que se practique de acordo ás leis que o regulan e seguindo as normas de seguridade que a FGC ven lembrando ano tras ano. |