RASTRO COELLO CARA DE CAN
Francisco Abraldes en Cans de Rastro e Francisco Bautista en Podencos, gaƱadores en Fornelos
19/9/2011

O pasado 18 de setembro, disputábase no Tecor da Sociedade de Cazadores de A Laxe, en Fornelos de Montes (Pontevedra) unha nova edición, con esta a terceira, do Campionato de Rastro de Coello “Cara de Can” organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade de Caza “A Laxe”.

A proba estivo xulgada nesta ocasión polos xuíces Juan Ángel Alonso Pérez, Roberto Carlos Costa Tellado e Honorato Martínez Couñago.

Na categoría de Cans de Rastro foi “Ada”, de Francisco Abraldes Crujeiras, quen resultaba gañador da proba mentres que en Podencos facía o propio “Amigo” de Francisco Bautista Bugarín. Nesta categoría o segundo clasificado era José Vilán Loira con “Choni”.