RASTRO COELLO |
López Castro, novo campión provincial de Pontevedra |
5/9/2011 |
O campionato disputábase o sábado día 3 de setembro, na localidade pontevedresa de Covelo. O tecor da sociedade de caza A Covelense, acollía a pasada fin de semana a celebración do Campionato Provincial de Cans de Rastro sobre Coello, na que participaban 96 cans (24 equipos). Campión Provincial foi o cazador da Estrada Jaime López Castro, cun lote de beagles, 552 puntos; seguido do ponteareán Marcos Riobo Lamas, con 550 puntos, que participaba tamén cun grupo de beagles; terceiro foi o cazador de Cambados, Alfonso Rey Baulde, que cun equipo de petit basset vendeanos lograba 548 puntos; mentres que a cuarta praza era para Marcelo Arosa Dasilva, de Sanxenxo, que acadaba 538 puntos cun lote de beagles. Mellor Can, foi Rossi, do vigués Alberto González Vila, con 149 puntos. Os tres primeiros clasificados representarán á Federación de Pontevedra no Campionato Galego que se disputará o próximo 2 de outubro. |