![]() |
COMPAK SPORTING |
O valenciano Cristóbal Jiménez, novo campión do mundo |
5/9/2011 |
![]() O tirador galego, Artemio Formoso, quedaba no posto 117 da xeral ao non habe-la categoría de handisport Santiago, 29 de agosto.- A localidade italiana de Foligno, acollía o último fin de semana de agosto, a celebración do Campionato do Mundo de Compak Sporting, no que participaban 190 tiradores. O tirador da selección Española, o valenciano Cristóbal Jiménez, actual campión de España da modalidade, impúxose no Campionato do Mundo, mentres que por Equipos, as donas fixéronse coa prata, os sénior co bronce, e os xuvenís cun cuarto posto. O tirador da selección galega, Artemio Formoso Barro, participaba na categoría de séniors ao non habe-la categoría específica de handisport na que él compite, acadando o posto 117 da clasificación xeral, con 169 pratos. |