RRCC E COMBINADA COMPAK
Tirada Memorial José e Manuel Cea
29/8/2011

Os pasados días 27 e 28 de agosto, como ven sendo ano tras ano, tivo lugar nas instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar unha proba de Percorridos de Caza puntuable para a Copa Galicia da especialidade e unha tirada combinada de Compak e hélices, todo elo en memoria de José e Manuel Cea Seoane.

Na xornada do sábado 27 tiña lugar a proba de Percorridos desputada sobre 100 pratos en duas liñas de tiro e duas voltas. Na mesma participaron un total de 38 tiradores e sendo Fernando Sánchez Mancebo o que con 86 pratos escachados se situaba no máis alto da clasificación. Seguiuno moi de preto, a tan so un prato, Antonio Iglesias Otero con 85 pratos abatidos. Compretou o podio o tirador Elisardo Cea Cebreiro.

Na xornada dominical tiña lugar a tirada combinada de Compak e Hélices na que interviñan 28 tirados que se enfrontarían a un total de 50 pratos e 10 hélices. Cada prato escachado sumaba un punto e cada hélice derribada 2,5 puntos. Baixo estas premisas, Elisardo Cea Cebreiro foi o que conseguiu acadar a maior puntuación con 62,5 puntos adquirindo deste xeito o primeiro posto da proba. En segunda posición situouse José Luis Sánchez Mancebo con 59,5 puntos seguido de Francisco Alende con 59 puntos completando deste xeito o podio da tirada.