XABARIL
A aparición de xabarís identificados con “crotal” en Silleda nada ten que ver coas repoboacións
8/8/2011

Ante a noticia aparecida nos últimos días nos medios de comunicación, sobre a aparición de dous xabarís con “crotal” nunha granxa da comarca do Deza, a Federación Galega de Caza ven de facer pública unha nota na que manifesta que este feito nada ten que ver con presuntas repoboacións de xabarís senón que máis ben semella un incidente fortuito, froito seguramente de que a algunha persoa particular lle escaparan os porcos accidentalmente.