NOVAS LEIS
A FGC presentou alegaciĆ³ns aos borradores da Lei de Montes e o Plan Director Rede Natura 2000
4/8/2011

Como ven sendo habitual sempre que o sector cinexético se ve afectado por algunha lei, decreto, etc., a Federación trata de facer aportacións que redunden en favor da actividade de TÓDOLOS cazadores.

Non precisamos máis preámbulos de presentación que o nome da institución que en rexistro público conta coa afiliación da inmensa maioría das sociedades de caza de Galicia, (472 a 31/12/2010), e 21.559 cazadores federados individualmente tamén nesa data. Este respaldo é o que nos obriga a traballar en pro da actividade cinexética en xeral, sin exclusións sectáreas.

Dentro da data establecida presentáronse as alegacións o anteproxecto de Lei de Montes de Galicia centrándose nos cambios de uso, competencia para autorizacións da nosa actividade , e modificación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de xeito que non supoña impedimento para a actividade cinexética en tempo de risco de incendio.

Con respecto o borrador do Plan Director da Rede Natura 2000, publicado no DOG o pasado 29 de xuño, a FGC presentou alegacións a 16 artigos propoñendo modifiacións significativas en moitos deles, de xeito que non supoñan impedimento a práctica de caza tanto a nivel invidivual como en caudrillas, sendo unha actividade permitida dentro deste espacio sin máis limitacións que as que tivo sempre, e fomentando a  convivencia con outras actividades.

A FGC ten fundadas esperanzas de que se teñan en conta as alegacións presentadas, que en calquera caso publicaranse no seu momento para que os cazadores galegos fagan a súa valoración.

Descargar: Alegacións Lei de Montes
Descargar: Alegacións Plan Director Rede Natura 2000