MODIFICACIÓN LEI
A venta de cartuchos podería deixar de ser libre
22/7/2011

Novamente unha modificación dunha lei que afecta directamente aos cazadores viña de comezar a sua andadura nos pasados días. A Secretaría de Estado de Enerxía do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio presentaba o borrador do Real Decreto polo que se modifica o Regulamento de Artículos Pirotécnicos e Cartuchería.

Nesta modificación destaca nun primeiro termo que a venta de munición semimetálica de escopeta deixará de ser libre, sendo preciso presentar a guía de pertenencia da escopeta correspondente e anotándose esta venta nos libros de rexistro do vendedor. O borrador recolle a modificación do apartado 4 do artigo 136 para deixalo redactado do seguinte xeito:

4. Podrá adquirirse un número ilimitado de cartuchos de caza no metálicos, presentando la correspondiente guía de pertenencia y realizando los asientos en los libros registro del establecimiento vendedor. En ningún caso podrá tenerse en depósito un número superior a 5000 unidades de esta clase de cartuchos.

O Ministerio ven de poñer esta modificación en prazo de alegacións públicas que se aceptarán ata o vindeiro 31 de agosto. A Federación estudará esta modificación para realizar as oportunas alegacións naqueles casos onde se puidera ocasionar calquera tipo de prexuízo aos cazadores, ao igual que fixo recentemente co Regulamento de Armas.