REGULAMENTO ARMAS
Publícase a modificación do regulamento de armas, que non prexudica aos cazadores
14/7/2011

Finalmente, e tras varios meses de polémicas, o pasado 9 de xullo publicábase no BOE o Real Decreto 976/2011 polo que se modifica o Regulamento de Armas, aprobado polo Real Decreto 137/1993.

Esta modificación, que inicialmente incluía multitude de cambios que afectaban moi negativamente aos cazadores, foi duramente criticada polo colectivo cinexético quen, grazas ao traballo das Federacións Autonómicas de Caza coa Real Federación Española de Caza á fronte, foi quen de facer ao goberno desestimar esta redacción e realizar unha nova que non prexudicase aos cazadores.

As modificacións que inclúe este Real Decreto céntranse principalmente na adecuación da nosa normativa á Directiva 2008/51/CE do Parlamento Europeo, para así equiparar a regulación do noso país aos distintos países europeos.

En palabras de Andrés Gutiérrez Lara, Presidente da RFEC, “o importante é valorar o poder dos cazadores, xa que nada ten que ver co texto inicial. Agora estamos ante un escrito que da maior seguridade, control e competencia leal ante as armas e que non afecta negativamente ao cazador”.

Ver documento do Real Decreto 976/2011