CAN DE OURO |
Jorge Martín en San Huberto e Pablo Cambón en Rastro de Coello foron os gañadores |
13/7/2011 |
O pasado sábado 9 de xullo, tivo lugar en Mazaricos (A Coruña), concretamente no Monte da Ruña, o I Campionato Can de Ouro Costa da Morte nas modalidades de San Huberto e Rastro de Coello, ámbalas dúas probas organizadas polo Clube de Amigos dos Cans de Caza e puntuables para a Copa Galicia da especialidade. Colaboraron para o desenrolo da proba, entre outros, a Federación Galega de Caza en A Coruña e a Sociedade de Caza Halcón de Mazaricos. San Huberto Rastro de Coello Nesta ocasión, actuaron como xuíces José A. Montoiro, Nicolas Castro, Manuel Vázquez, Emilio Vila, Silverio Liñares, Antonio Suárez, Ramón Barreiro, José María Álvarez e, como auxiliar, Mario Dios. O lote formado por “Risco”, “Vela”, “Clio” e “Mac” propiedade de Pablo Cambón Bertoa upouse o máis alto da clasificación o obter un total de 546 puntos. A presentación do lote de José País Serrano acadou un total de 541 puntos converténdose deste xeito no segundo clasificado. Completou o podio o lote propiedade de Jaime López con 538 puntos, quen tamén obtivo o premio o mellor can da proba coa Beagle “Tima” ao acadar 153 puntos. |