COPA GALICIA RASTRO XABARIL
Francisco Rodeiro gañador en O Campo
13/7/2011

O pasado 9 de xullo, disputábase na Sociedade de Caza O Campo – Pontevedra, o Campionato de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril, organizado por dita Sociedade de Caza en colaboración coa Federación Galega de Caza en Pontevedra.

Na proba participaron un total de 24 monteiros dos cales 10 accederon a fase final, unha fase final moi disputada e onde os xuíces, Miguel Martínez Casal e Javier Silva Fontán, tiveron un duro traballo para resolver a clasificación final.

E entre a dificultade, destacou Francisco Rodeiro Eiras e o seu can mestizo de nome “Sil” acadando o primeiro posto cun total de 230 puntos. O segundo e terceiro posto foron para o monteiro Álvaro Fontenla Filgueira co incombustible “Terco” e “Ludo” obtendo 218,5 e 212,5 puntos, respectivamente.