HOMOLOGACIÓN TROFEOS |
A Xunta de Homologación de Trofeos de Caza de Galicia xa é unha realidade |
12/7/2011 |
O pasado 22 de xuño foi finalmente a data coa que esta institución se puxo oficialmente en funcionamento Este proxecto, que comezou a sua andadura hai xa varias lexislaturas atrás, veu de sufrir nos últimos meses un importante impulso para a sua posta en marcha definitiva, tras moitos anos en estado de letargo. As dependencias da Fundación Rof Codina, dentro das instalacións do Hospital Universitario da Facultade de Veterinaria, foi a sede escollida para este órgano que abrangue varias facetas, onde a principal é ofrecer aos cazadores galegos un servizo de homologación das súas capturas, sobre todo de corzo e xabaril, pero que tamén servirá como colaborador no eido científico, ao recompilar todo tipo de datos sobre as pezas de caza recibidas, unha importante fonte información para todo tipo de estudos neste campo. Esta nova institución dentro do mundo da caza atópase actualmente dotando ás súas dependencias de todo o instrumental necesario para a correcta medición e taxación das pezas, así como organizando o seu funcionamento e preparando a posta en marcha de diversos cursos para dar a coñecer a tódolos interesados as súas fórmulas de medición e homologación. A Xunta de Homologación de trofeos de caza de Galicia quedou formada polos seguintes membros: Presidente: Dn. José María Arias Vogal: Dn. Francisco López Penela |