SAN HUBERTO CORUÑA
Rubén Boquete Varela acada o provincial en Monfero
4/7/2011

O pasado sábado 2 de xullo, disputábase no Tecor da Sociedade de Monfero o Campionato Provincial de A Coruña de Caza San Huberto, organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña e dita sociedade de cazadores.

Nesta ocasión, a difícil tarefa de xulgar este tipo de probas correu a cargo de Pedro Varela Abeledo, Marcial Ramil Hermida e José Moure Caneda que xunto co xurado de competición composto por Carlos Sanjurjo Vieites, Gabriel Rejo Sanjurjo e o director Ramón Bertoa Suárez decidiron que o Campión Provincial da modalidade nesta edición recaera en Rubén Boquete Varela e o seu setter inglés “Acio de Pasarín” con  86 puntos. O segundo posto foi para Ramón Picallo Piñón e “Risto das Fontiñas” binomio que obtivo un total de 67 puntos. Xa na terceira posición situouse Pedro Rodríguez Sanjurjo con “Sol” e 66 puntos.

Na categoría de donas, a gañadora foi Sandra Rodríguez Rego; na de levantadores Eloy Rodríguez Rego acadaba o primeiro posto.