EPOCAS HÃBILES CAZA
Medio Rural publica a Orde de Vedas para a tempada 2011/2012
17/6/2011

Medio Rural ven de publicar no DOG de hoxe, 17 de xuño, a orde do 7 de xuño pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2011-2012.

Esta orde de vedas regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán o exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2011-2012, considerada esta como o período comprendido entre o 1 de agosto de 2011 e o 31 de xullo do ano 2012.

O período hábil para exercer a caza, válido con alcance xeral, será o comprendido entre os días 16 de outubro de 2011 e o 6 de xaneiro de 2012, ambos inclusive, coas excepcións que para cada especie se sinalan no título V de esta orde. Os días da semana en que se permitirá o seu exercicio dependerán de que se trate dunha ou doutra das modalidades de caza maior ou menor e veñen detallados nos títulos II e III desta orde que se refiren a cada unha delas, así como nas limitacións sinaladas no título V desta orde.

ACTUALIZACIÓN: con data 27 de xuño de 2011, publícase no DOG unha corrección de erros, que pode descargar a continuación.

Descargar Orde de Vedas 2011/2012

Descargar CORRECCIÓN Orde de Vedas 2011/2012