COPA GALICIA RASTRO XABARIL |
José Manuel Barreiro, con Brus, impúxose en Lalín |
15/6/2011 |
O pasado 11 de xuño disputouse no Tecor de Lalín unha proba de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril puntuable para a Copa Galicia da especialidade e baixo a organización da Sociedade de Cazadores de Lalín coa colaboración da Federación Galega de Caza en Pontevedra. Ata un total de 8 monteiros con 11 cans se desprazaron ata a Comarca do Deza para formar parte nesta proba que tivo a Luís Nistal Riadigos como Director da Proba e actuando de xuíces Alejandro González González e Francisco Javier Silva Fontán. Foi o sabuxo de nome “Brus” propiedade de José Manuel Barreiro Rivadas o que con 237,5 puntos acadou o primeiro posto da clasificación seguido do pontevedrés Álvaro Fontenla Filgueira con “Terco” e 227,5. Completou o podio Francisco Rodeiro Eiras co can “Sil” e un total de 206,5 puntos. |