PERCORRIDOS DE CAZA |
O tirador pontevedrés Martín Baqueiro é o novo Campión Galego |
14/6/2011 |
Un total de 72 tiradores se deran cita neste Campionato Galego que se desenrolou a 150 pratos repartidos en 6 campos. Unha vez máis, as impoñentes instalacións do Campo de Tiro de “Río Sar” acolleron o pasado domingo día 12 de xuño a XXIV edición do Campionato Galego de Percorridos de Caza organizado pola Federación Galega de Caza coa colaboración da Sociedade Deportiva “Río Sar”. Na categoría xeral foi o tirador Martín Baqueiro Villafines o que completou un percorrido no que derribou un total de 121 pratos e o converteron no novo Campión Galego da modalidade. Dous pratos por debaixo, situouse Ángel Mosquera Cornide con 119 pratos acadando deste xeito o subcampionato. En terceira posición e con 116 pratos escachados clasificouse Juan Carlos Costas Pereira. Artemio Formoso Barro foi o gañador na categoría Handisport con 110 pratos e sétimo clasificado na xeral. En xuvenís foi Manuel Garrido Brito o gañador con 107 pratos e Ángel Mosquera Rodríguez en superveteranos e Jesús Seoane Sanda en veteranos foron o resto de gañadores. |