COPA GALICIA RASTRO XABARIL
Francisco Rodeiro con “Sil”, gañador en Monfero
8/6/2011

O pasado día 4 de xuño disputouse en Monfero (A Coruña) o II Campionato de Cans de Rastro Atrelados modalidade Xabaril puntuable para a Copa Galicia da especialidade e baixo a organización da Sociedade de Cazadores Virxe de Cela en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña.

Unha vez disputada a fase clasificatoria, accederon un total de 10 monteiros a fase final na que o monteiro Francisco Rodeiro co seu can “Sil” acadou un total de 195,5 puntos que o alzaron o primeiro posto da clasificación. Foi seguido, en segunda posición, polo pontevedrés Álvaro Fontenla co seu grifón azul de nome “Ludo” con 188 puntos. Foi o actual campión provincial de Lugo, Joaquín Guerreiro con “Rey” o que ocupou o terceiro posto da clasificación con 185,5 puntos.