RRCC ARCO OURENSE
Voo de frechas en Nogueira de Ramuín
1/6/2011

O pasado 29 de maio, tivo lugar en Luintra (Nogueira de Ramuín) o Campionato Provincial de Ourense de Percorridos de Caza con Arco organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense en colaboración coa Sociedade Arco Lemos.

A cita acudiron un total de 33 arqueiros que cos seus arcos e frechas tentaron obter as maiores puntuacións sobre as dianas e figuras 3D. Ditos arqueiros foron xulgados por Ángel Alonso Veloso e Antonio Rodríguez Iglesias.

Unha vez reunido o xurado de competición formado polos xuíces citados anteriormente máis Juan Carlos Fernández Vázquez e polo Director da Proba Antonio Rodríguez Somoza resolveron a seguinte clasificación.

Foi Antonio Rodríguez Iglesias con 217 puntos o primeiro clasificado en Arco Asistido, seguido de Jaime Villaverde Balado e 196 puntos. Completou o podio Teo Iglesias Míguez con 168 puntos.

En Tradicional Recurvo o gañador foi Mikel Pasabant Quintián con 143 puntos, seguido de Antonio Sánchez Otero e 106 puntos. Na terceira posición e con 89 puntos situouse Abel López Lepiani.

Na categoría de Tradicional Longbow o gañador foi Manuel Fernández Fraiz con 105 puntos, seguido de Antonio Fernández Viz con 85 puntos e Benigno Ruiz Pascual con 67 puntos en segunda e terceira posición respectivamente.

En Damas a gañadora en Asistido foi Dolores Bugarín Codeseda con 160 puntos, seguida de María Luísa Rodríguez Rodríguez con 136 puntos. En Tradicional a campionato foi Irene Padín con 52 puntos.

En Xuvenís a gañadora foi Rebeca Villaverde Bugarín con 106 puntos, seguida de José R. Castro Rodríguez e 103 puntos. Completou o podio Marcos Gómez Da Costa con 97 puntos.