ASEMBLEA XERAL FGC
Primeira xuntanza da nova directiva e comisión delegada previa á Asemblea Xeral
23/5/2011

Tras poñerse ao fronte da FGC en xaneiro, Javier Nogueira convoca a sua primeira Asemblea Xeral

A comezos deste ano concluía o proceso electoral na Federación Galega de Caza pola que se producía un relevo na Presidencia, pasando a ocupar este posto Javier Nogueira Diz, quen nomeaba a principios do mes de febreiro a Xunta Directiva que o acompañaría durante os vindeiros catro anos.

Nas seguintes semanas, Nogueira realizaba diversas reunións cos Presidentes Provinciais, coa Xunta Executiva e cos vogais, máis a xuntanza do vindeiro día 1 de xuño será a primeira ocasión na que a nova Xunta Directiva da FGC se reúna ao completo de xeito oficial, co galo de preparar a inminente Asemblea Xeral que terá lugar o vindeiro 4 de xuño en Portas.

A nova xunta directiva estudará e aprobará, se procede, diversos aspectos como o balance económico e a memoria das actividades realizadas na FGC no pasado ano, orzamentos para o presente ano, así como do calendario e a normativa de competicións.


Esta data tamén acollerá a primeira xuntanza da Comisión Delegada, órgano elixido democraticamente polos asembleístas da FGC entre os seus membros.

Os integrantes da Comisión Delegada terán a misión de realizar un informe previo á aprobacións dos orzamentos da Federación para o 2011, así como debater outra serie de aspectos que son da súa competencia.

Unha vez celebradas estas xuntanzas, a seguinte data destacada no calendario federativo é a Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro 4 de xuño en Portas (Pontevedra), coincidindo coa celebración da VI Xornada de Xestión Cinexética, e da que surxirán as pautas definitivas a seguir pola Federación Galega de Caza no presente ano.

DOCUMENTACIÓN
Xunta Directiva
Comisión Delegada
Asemblea Xeral
Descargar Documentación Asembleístas