RASTRO XABARIL SALVAXE |
O asturiano Roberto MonteserĂn acadou o primeiro posto en Ortigueira |
19/5/2011 |
Cans ceibos e xabaril salvaxe en terreo aberto
O pasado 14 de maio disputouse nos concellos de Ortigueira e Cedeira, concretamente nos Tecores Ortegal e Eixil, a III Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril organizado pola Federación Galega de Caza en A Coruña coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal e Cedeira. Na proba participaron un total de 18 participantes con cadanseu lote de cans compostos por 6 cans e chegados dende a veciña Asturias, Cantabria e Galicia. Destacar o interese que espertou esta proba que conleva un enorme peso organizativo no que nesta edición interviron un total de 88 rastreadores que puxeron a disposición dos participantes 84 rastros de xabaril, descartando os rastros de femias de xabaril seguido das súas crías. Os participantes dispuxeron de 15 minutos para facer un achegamento previo a trela ou no seu caso o desbotar ese rastro e empregar outro facilitado pola organización. Unha vez feito dita comprobación e achegamento, tería lugar a solta dos cans no que estes dispoñían de 2 horas para facer o achegamento, levante e persecución. A proba foi todo un éxito e os 18 xuíces encargados de xulgar a proba, contabilizaron un total de 16 levantes de xabaril e un numeroso número de avistamentos que fixeron as ledicias do importante público que seguiu o discorrer desta proba. Foi o lote do asturiano Roberto Monteserín Berando o que con 916 puntos acadaba o primeiro posto, seguido do galego José Manuel Taboada Fernández con 894 puntos. Xa na terceira posición situábase o participante Severino Ramil Fernández con 868 puntos. Con 162 puntos o Sabueso Español de nome “Nemo” propiedade do cántabro Luis Felipe Martínez Moyano foi premiado como mellor can da proba. |