APRAZAMENTO XABARIL MONTE |
O equipo gañador foi o formado por Guillermo Barreira, Pablo López e Antón Arrojo |
6/5/2011 |
Modalidade aprazamento a traela xabaril de monte
O pasado 30 de abril, disputábase a III edición da Proba de Cans de Rastro modalidade Aprazamento a Traela Xabaril de Monte organizada pola Sociedade de Caza “Pazos de Borbén” en colaboración coa Federación Galega de Caza de Pontevedra e as Sociedades de Caza “Traspielas”, “A Peneda”, “A Fornelense”, “Ribadetea-Padróns”, “Gargamala” e “Mondarizana”. A concentración tiña lugar as 7.00 horas e dende alí, os 20 equipos participantes compostos por tres monteiros cada un co seu can, partían para a zona de monte asinada por sorteo en días atrás. Comentar que o día presentou unha climatoloxía idónea para o bo traballar de cans e monteiros e a existencia de rastros en case as 20 manchas deseñadas para a ocasión. Os apraces dos primeiros postos resolvéronse moi rápido, case na primeira hora do comezo da proba. Ditos apraces tiveron lugar en montes baixos e altos, con matorrais de silveiras, toxeiras e xesteiras. Algúns dos apraces foron falidos despois da comprobación dos xuíces, e ata as 8:34 horas non tivo lugar o primeiro aprace exitoso levado a cabo polo equipo lucense composto por Guillermo Barreira con “Rex”, Pablo López con “Seixo” e Antón Arrojo con “Sol” o que os converteu no equipo gañador. No segundo posto situouse o equipo formado por Álvaro Mourelle con “Lontra”, Sergio Nanto con “Blas” e Fernando Blanco con “Toño”. Completou o podio o equipo de Antonio González, Rafael Castro e Miguel Domínguez. Dende a organización queren facer un agradecemento as preto das 30 persoas das Sociedades de Caza que colaboraron para levar a cabo esta proba, así como a cesión dos terreos dos Tecores por parte de ditas sociedades. Agradecemento tamén os xuíces, Javier Nogueira, Juan Alonso, Antonio Pensado, Álvaro Fontenla, Honorato Martínez, Antonio Sánchez e Roberto Carlos. Os participantes pola súa participación e o seu comportamento exemplar. Así como as traballadoras da Federación de Caza de Pontevedra, e ao Restaurante “Casa Chalán”. Dende a Sociedade de Caza de Pazos de Borbén desexan emprazar a todos amantes dos cans de rastro para a vindeira edición dunha proba que conta ano tras ano con maior interese e participación. |