COPA GALICIA RASTRO XABARIL
Rey Urrutia foi o gañador da proba disputada en Monfero
3/5/2011

O pasado 1 de maio disputábase en Monfero (A Coruña) unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atrelados modalidade xabaril organizado pola Sociedade de Caza "Virxe da Cela" de Monfero en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña.

Un total de 25 monteiros tomaban parte neste campionato no que Manuel Regueiro Miño era o director da proba e José Manuel Pita Santalla e Avelino Cerqueira Ares eran os xuíces asinados.

As altas puntuacións dos primeiros clasificados son un claro exemplo do bo facer e da calidade de cans e monteiros, mostrándose un alto nivel no transcurso da proba.

Despois da primeira fase, un total de 8 cans afrontaban a fase final na que Francisco Rey Urrutia acadaba 219,5 puntos converténdose deste xeito no gañador da proba. Joaquín Fernández Guerreiro cun total de 207 puntos situábase en segundo posto, completando o podio José Quintela García con 205,5 puntos.