COPA GALICIA SAN HUBERTO |
Álvaro Suárez Mera, gañador da proba Concello de Vimianzo |
26/4/2011 |
Os terreos da zona denominada “Monte Faro”, dentro do Tecor “San Vicente de Vimianzo” acolleron a proba. Celebrábase o pasado 16 de abril a segunda edición do Campionato de San Huberto “Concello de Vimianzo”, puntuable para a Copa Galicia da modalidade, organizada a Sociedade de Caza “San Vicente de Vimianzo” en colaboración coa Federación Galega de Caza na Coruña e o Concello de Vimianzo. Participaban un total de 21 cazadores (17 da Coruña, 3 de Pontevedra e 1 de Lugo), repartidos nun total de 3 campos moi disputados. O forte vento que acompañou á xornada de competición, debido á altitude dos terreos, permitiu que o traballo dos cans non se vise prexudicado pola calor. As perdices empregadas para a proba tiveron tamén un excelente comportamento de cara á competición. Finalizada a proba era Álvaro Suárez Mera, co seu can “Pull” (SIM) quen acadaba a vitoria con 60 puntos. O segundo clasificado, Jorge Sánchez Amado, remataba a competición con 52 puntos co seu can “Kan” (PM). O terceiro posto era para Pedro Rodríguez Sanjurjo quen con “Jara” (SIH) acadaba 42 puntos. |