CANS RASTRO XABARIL |
Gerardo Álvarez, Campión Provincial de Pontevedra |
20/4/2011 |
Juan José Fernández Vecino foi o gañador da proba
O Tecor da Sociedade de Caza de Vila de Cruces acollía o pasado sábado 16 de abril unha nova edición do Campionato Provincial de Cans de Rastro Atrelados, na modalidade de Xabaril, puntuable para a Copa Galicia da modalidade. Organizada pola Sociedade de Caza de Vila de Cruces, en colaboración coa Federación Galega de Caza en Pontevedra, a proba contou cun total de 37 monteiros chegados de toda Galicia, que participaron cun total de 44 cans. As excelentes condicións climatolóxicas propiciaron unha competida proba, que rematou co lucense Juan José Fernández Vecino como gañador, ao acadar o seu can “Bruno” (Bruno de Jara), 226,5 Puntos. O segundo clasificado, e Campión Provincial foi Gerardo Álvarez Villaverde, da Sociedade do Barro, que con “Moro” (Mestizo) acadou 224 puntos. O terceiro posto da proba foi para o participante da provincia da Coruña José M. Barreiro Rivadas, con “Brus” (Cruce de sabueso), que rematou a proba con 218 puntos. Representarán á provincia de Pontevedra, no vindeiro Campionato Galego de Cans de Rastro de Xabaril, os seguintes monteiros: Gerardo Álvarez Villaverde, Álvaro Fontenla Filgueira, Francisco Javier Rodeiro Eiras, Antonio Espiño García, Antonio Sánchez Sesto, Enrique Argibay Abilleira, Manuel Rodeiro Louzao, Miguel Feijoo Crespo, Victorino Resua Rego e Oscar Alvela Durán. |