MEDIA VEDA |
A RFEC non solicitou o estudo que cuestiona a media veda |
19/4/2011 |
Ante certas novas da prensa nas últimas semanas, a RFEC desminte que solicitase un estudo referente á Media Veda Unha nova aparecida no xornal ABC de Castela A Mancha, remitida pola axencia EFE o pasado 6 de abril, mencionaba que un estudo solicitado pola Real Federación Española de Caza á Universidad Politécnica de Madrid cuestionaba certos aspectos da media veda. Neste estudo, segundo indicaba o xornal, certos especialistas indicaban que algunhas normas da media veda non estaban ben axustadas á bioloxía normal e ás necesidades de sostenibilidade das especies. A RFEC ven de desmentir a sua implicación neste estudo, e tamén que estean a cuestionar a media veda, posto que tódolos estudos, estatísticas e demais documentación recollida nos últimos anos acerca das especies cazables na media veda coas que contan, veñen a certificar que as datas e normas fixadas actualmente para a media veda son totalmente compatibles co disposto en diversas leis e normativas existentes, como a Directiva Aves. En colación a este tema, a RFEC informou que dará a coñecer proximamente unha síntese dos estudos e informes científicos que corroboran estas afirmacións, así como lamentou a desinformación que por certos medios se levou a cabo neste tema. |