RECOÑECEMENTO
Javier Nogueira recibe un recoñecemento á sua traxectoria como Presidente da FGC en Pontevedra
12/4/2011

O pasado domingo, con motivo da celebración do III Campionato de Cans de Rastro de Vilalonga, ao que acudiu o actual Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, as Sociedades de Caza de Meaño, a Lanzada e O Grove entregáronlle un galardón a Nogueira como recoñecemento á súa traxectoria como Presidente Provincial de Pontevedra entre os anos 1999 e 2011.

Nun emotivo acto, o actual Presidente da FGC de Pontevedra, Francisco Couselo, recoñeceu a grande labor levada a cabo por Nogueira no seu mandato, afirmando que “aínda que se atope físicamente en Santiago, estará sempre presente na provincia de Pontevedra” e engadiu que “a Federación somos todos, e todos xuntos debemos loitar por unha caza social e sostible”.