COPA GALICIA SAN HUBERTO
Eliseo Faraldo con “Ario da Chousa” gañador da proba Cabo Fisterra
5/4/2011

O pasado día 2 de abril disputábase no Tecor Societario “Arasolis – Cinexética Fisterra” a II proba de San Huberto Cabo Fisterra, organizada pola Sociedade de Caza Cinexética Fisterrana, na que se congregaban un total de 17 participantes cos seus respectivos cans.

A proba transcorreu sen incidentes e a boa climatoloxía reinante fixo posible que, tanto o público como os participantes, que ata o Monte Do Castelo se achegaron disfrutaran dunha boa xornada cinexética entre amigos.

Nesta ocasión os xuíces da competición foron Manuel Rebordelo e David Romero auxiliados por Pedro Varela; os cales outorgaron un total de 75 puntos a Eliseo Faraldo Fernández co seu pointer macho “Ario da Chousa” que o upaban o primeiro posto da clasificación. Seguiuno con 50 puntos Antonio Olveira Pego co seu setter inglés macho “Kiler” e completou o podio Jorge Martín Sánchez con “Kan da Chousa”, pointer macho, cun total de 49 puntos.

Pos Participante Can Punt.
Eliseo Faraldo Fernández Ario da Chousa (PM) 75
Antonio Olveira Pego Kiler (SIM) 50
Jorge Martín Sánchez Kan da Chousa (PM) 49
José Luis Tarrío Yellow (SIM) 48
Serafín Corral Vázquez Twist da Chousa (SIM) 34