ACTUALIZACIÓN EMISORAS
Cambio de frecuencias das emisoras na provincia de Lugo
1/4/2011

Como consecuencia do plan de reordenación do espectro radioeléctrico que está levando a cabo a Dirección Xeral de Telecomunicacións en toda España nos últimos anos, será obrigatorio a reprogramación de tódalas emisoras que estaban dadas de alta na provincia de Lugo.

Dende a delegación de Lugo da Federación Galega de Caza leváronse a cabo intensas xestións con instaladores, para que esta operación resultase o máis económica posible dado o volume de equipos, logrando varias propostas asequibles, que en moitos casos non superarán os 10€.

A principal novidade é que se amplía o número de frecuencias a 15 (antes eran 10), e tamén que cada cambio deberá ir acompañado do correspondente boletín de instalación, elaborado por un instalador tipo D autorizado en Telecomunicacións.

O procedemento para o cambio de ditas frecuencias é o seguinte:

  1. Identificar a emisora con nome, DNI, enderezo e teléfono cunha etiqueta pegada.
  2. Cargar completamente a batería
  3. Levala ao técnico elixido para facer o cambio de frecuencias.
Cando o instalador remita o boletín de instalación e se presente en Telecomunicacións, xa poderá renovarse a licenza da emisora coma sempre. É importante lembrar que non se poderá empregar ningunha emisora con frecuencias novas ata que se teña a licenza de uso ao día, nin por suposto cas frecuencias antigas.