PREMIOS AO DEPORTE FEMININO |
As cazadoras galegas non tiveron sorte nos Premios MUDEGA |
31/3/2011 |
O pasado día 25 de marzo celebrouse na provincia de Pontevedra, a 1ª Gala do Deporte Feminino en Galicia organizado pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA). Con estes premios pretendeuse premiar o esforzo e dedicación de aquelas persoas e entidades que colaboran activamente para promover o deporte feminino galego. Nesta primeira edición, as cazadoras galegas non tiveron sorte do seu lado e non acadaron ningún premio os que estaban nomeados. A FGC, como entidade deportiva, propuxera para estes premios a: María Cristina Sanmartín Porca (presidenta do Club de Amigos dos Cans de Caza e Vicesecretaria da FGC na Coruña) como Mellor Directiva; a Ana Isabel Arbiol Ledesma (actual Campiona de España de San Huberto) como Mellor Deportista Feminina; a María Luísa Rodríguez Rodríguez e María Dolores Bugarín Codeseda da Selección Galega de Percorridos de Caza con Arco (Campiona de España en Arco Tradicional e Medalla de Bronce en Arco asistido, respectivamente) como Mellor Equipo Feminino; O Diario de Pontevedra como Medio de Comunicación amigo do deporte feminino; a María del Carmen Iglesias Comesaña (Campiona do Mundo co Equipo Español de San Huberto en 2004, e varias veces entre as mellores de España da modalidade) como Premio a Traxectoria; a María del Mar Pérez Vázquez (Xuíza Nacional de San Huberto) como Mellor Árbitro ou Xuíza; a C.B. Arxil (Club deportivo de baloncesto feminino) como entidade privada máis colaboradora co deporte feminino e a Isabel Negreira Chaves (adestradora de cans campións de caza) como Mellor Adestradora. A Federación Galega de Caza estivo presente no acto, apoiando ás súas deportistas, na persoa de Francisco Couselo e Rafael Sánchez Malvar, Presidente e Vicepresidente da FGC en Pontevedra respectivamente. Aproveitando esta ocasión, falamos con dúas das cazadoras candidatas aos premios sobre a sua afección á caza e a opinión que lle mereceu este acto, así como ca Presidenta da Asociación MUDEGA, Pilar Neira, e as súas impresións sobre o mundo da caza e as mulleres neste deporte. Agardamos que en próximas edicións as nosas cazadoras galegas teñan o recoñecemento que se merecen e que a actividade cinexética no sexo feminino adquira ano tras ano un maior peso na sociedade.
¿Qué razas de cans adestra? Aínda que eu tan so coñezo dúas… os bos e os malos ¿Dende cando lle comeza esta afección? ¿Quen é o culpable desta paixón? ¿Os cans fanse ou nacen? Aparte de adestradora tamén me imaxino que será cazadora, ¿non si? ¿Qué lle pareceu esta I Gala do Deporte Feminino Galego?
Despois de percorrer o teu destacado palmarés, ¿Qué precisa unha deportista, unha cazadora para que sexa recoñecida publicamente e lle ofrezan o que se merece? A sociedade ten os cazadores mal visto, no seu caso, na modalidade de San Huberto o público aplaude a rabiar e asiste a estas probas, polo tanto non coincide moito iso co que se esta demostrando, ¿non si? Dígame, en liñas xerais, ¿Qué lle pareceu esta I Gala do Deporte Galego Feminino? Tamén ten estado en cargos directivos de sociedades de caza, ¿Cóntenos que cargos ocupou? ¿Qué cans emprega vostede para a caza? ¿So se dedica a pluma? ¿Algunha vivencia que recorde en especial das tantas que viviría? ¿Cómo chegou vostede a ese Campionato do Mundo?
¿Qué significa para vostede esta I Gala Feminina do Deporte Galego? Entre eses deportes do que fala vostede atópase a caza, tivemos aquí mulleres cazadoras nomeadas pero polo que fose non saíron premiadas, ¿Qué ten que dicir vostede disto? Cónstame que a Federación Galega de Caza acolle de moi bo gusto e incentiva a chegada das mulleres a este deporte; o que pasa e que segue sendo minoritario para elas, ¿Qué nos pode dicir disto? E xa para rematar, ¿Qué lle diría a tódalas mulleres é en especial as cazadoras? Eu que procedo do fútbol, e con 47 anos que teño cando empecei eramos algo estraño, e elas sentiranse igual o estar nun deporte de homes polo tanto dicirlles que teñan moito ánimo, que estean aí e que nos, as mulleres, podemos facer bo deporte. Desexarlles un excelente futuro e que lle sigan demostrando os homes que queremos e podemos. |