PERSOEIROS GALEGOS |
O cazador galego Artemio Formoso, un dos deportistas galegos máis importantes do 2010 |
29/3/2011 |
Como ven sendo habitual cada ano, dende o 2004, o xornal El Correo Gallego ven de realizar unha enquisa para seleccionar aos persoeiros galegos máis importantes do ano. Posteriormente, co resultado das votacións, un comité de máis de 300 notables independentes elabora un ranquin global e por categorías dos galegos máis influentes. Nunha listaxe onde os primeiros postos están copados por políticos, banqueiros e outros grandes empresarios, o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o creador de Inditex, Amancio Ortega; e o Ministro de Fomento, José Blanco, son os tres galegos máis influentes do ano segundo este ranquin. Atendendo só a categoría de Deportistas, destaca a presenza, no 6º posto, do cazador galego Artemio Formoso Barro, quen acadou o Campionato do Mundo de Compak Sporting, na categoría de handisport, tras perder o brazo nun accidente de moto. Formoso, que se atopa no posto 234 xeral do ranquin de persoeiros –dun total de 628 persoas votadas-, recibe así un novo recoñecemento ao seu esforzo, dedicación e capacidade de superación dentro do deporte da caza. Ligazóns |