MEDIA VEDA CCMM
A RFEC lamenta a falta de defensa da Media Veda en Castela A Mancha
18/3/2011

Nos pasados días o Tribunal Superior de Justicia de Castela A Mancha declaraba ilegal a Media Veda na orde de vedas 2007-2008 nesta comunidade, polo que a RFEC ven de esixir responsabilidades ao Presidente de Castela A Mancha, José María Barreda.

O Presidente da RFEC, Andrés Gutiérrez Lara, declarou en rolda de prensa a extrema gravidade das consecuencias desta sentencia, ao tempo que criticou a falta de comunicación coa Federación que preside, tanto por parte da Administración da comunidade autónoma como por parte do Tribunal, o que impediu comparecer como parte implicada, en defensa da modalidade.

Gutiérrez Lara lamentábase tamén do non emprego, como intrumento de defensa po parte da Administración, dos estudos que a RFEC ven levando a cabo nos pasados anos para demostrar firmemente a sostenibilidade da caza na media veda.

Juan de Dios García, presidente da Federación de Caza de Castilla La Mancha, tamén presente na rolda de prensa, facía fincapé na necesidade dunha urxente reforma do regulamento de caza da sua comunidade, concretamente do artigo 99.1 b. García manifestou tamén a sua indignación pola sentencia e fixo culpable á administración da posible desaparición desta modalidade.