PREMIOS DEPORTE FEMININO |
Varias cazadoras galegas candidatas aos Premios MUDEGA |
16/3/2011 |
A asociación Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) celebrará o vindeiro venres 25 de marzo, en Pontevedra, a Iª Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que pretenden premiar o esforzo e adicación de aquelas persoas e entidades que colaboran activamente para promover o deporte feminino galego, moitas delas dun xeito totalmente anónimo, para darlle o merecido recoñecemento á sua labor. MUDEGA é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en marzo de 2008 en Santiago de Compostela, co espírito de fomentar a participación das mulleres no ámbito do deporte e promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres neste eido. Actualmente está presidida por Pilar Neira Martínez, seleccionadora galega de fútbol. A Federación Galega de Caza, como entidade deportiva, ven de propoñer as súas candidaturas a cada un dos recoñecementos que nesta gala se farán entrega. A grande cantidade de propostas que o mundo cinexético aporta pon de releve o excelente nivel feminino que a Federación en concreto e a caza en xeral posúen nas súas filas. O listado de propostas da FGC quedou configurado do seguinte xeito: • Mellor directivo/a: • Mellor deportista feminina • Mellor equipo feminino • Medio de comunicación amigo do deporte feminino • Premio á traxectoria • Mellor árbitro ou xuíza • Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino • Mellor adestrador/a feminino |