ENTREVISTA JAVIER NOGUEIRA |
"O fondo da caza en Galicia, é a caza social" |
16/3/2011 |
No pasado mes de xaneiro e unha vez rematado o proceso electoral da Federación Galega de Caza, o pontevedrés Javier Nogueira Diz tomou posesión como novo presidente da FGC, recibindo o relevo de Jose María Gómez Cortón. Quixemos conversar con él e coñecer un pouco máis ao que vai ser o representante de tódolos cazadores galegos nos vindeiros catro anos. Apaixoado do medio natural, cazador e persoa curtida a hora de afrontar cargos directivos en todo o relativo a actividade cinexética, Javier Nogueira vai nos resolvendo unha a unha as nosas inquitudes e desprendendo, en cada unha delas, unha gran ilusión e paixón por este novo reto que acaba de emprender.
A miña paixón pola caza comenza dende moi pequeniño, creo que dende que teño uso de razón. Eu lembro que o agasaio que sempre lle pedía os Reis Magos era unha escopeta de caza. Meu pai foi sempre cazador, na miña casa sempre houbo cans de caza e teño o previlexo de vivir a carón dun importante paraxe cinexético; polo tanto creo que con isto queda patente a miña paixón por esta actividade. Eu son e serei cazador sempre.
Eu penso que si. Na provincia de Pontevedra levamos moito tempo pelexando co proxecto da recuperación do coello de monte; un bo día sentámonos arredor dunha mesa 9 apaixoados da caza do coello e 1 técnico moi interesado nesta caza e especie, e creo que desa xuntanza sairon unhas liñas para a recuperación desta especie que estamos mantendo e que creo firmemente que son as axeitadas e que están dando os seus froitos. E si, podemos decir que este ano foi un dos mellores para o coello e para a súa caza.
Teño que decir que dende o punto de vista persoal, inmellorables. A min gústame cazar e sobretodo gústame cazar en Galicia, e por encima de todo cazar coellos. Desfrutei do monte, desfrutei dos meus cans e desfrutei cos meus compañeiros, desfrutei da caza en si, polo que non podo pedir nada máis. Un ano mais, deleiteime ca beleza da Serra do Suido, creo que son un “Suidomano”, non se pode pedir mais.
Os que temos inquietudes por defender a nosa afición ou paixón, e defender a dun colectivo pois fai te chegar aquí. Eu xa no seu día fun delegado no colexio e o resto ben por engadido; Fun directivo dunha sociedade de caza, vicepresidente e presidente da federación provincial, delegado autonómico de Percorridos, son membro da xunta directiva da RFEC, membro da comisión de control interna da RFEC, membro da comisión interna de Mutuasport, e agora presidente da FGC. Estamos ahí porque nos gusta, e cando un represéntase a un mesmo pode facer un pouco o que queira pero cando representas a un colectivo, e neste caso tan numeroso, a responsabilidade é moi importante. A Federación Galega de Caza representa os cazadores galegos en maiúsculas, a Federación representa a tódolos cazadores de Galicia máis alo dos 21.000 federados, date conta que a práctica da totalidade das sociedades de caza están federadas e elas acollen no seu seo a tódolos cazadores, concretamente según o Estudio Socieconómico publicado fai uns meses, acolle o 98% dos cazadores.
Na Federación Provincial de Pontevedra ai un equipo human excelente, traballadores, responsables e moi implicados nas súas tarefas, ademáis de representar perfectamente os cazadores da provincia. Xente preparada, que chega a federación presidindo sociedades de caza e que sabe o que o cazador quere.
O que sei é que vou aportar ilusión, traballo e responsabilidade e despois deso serán os anos os que xuzguen e o momento de evaluar. Eu quero ser o presidente de tódolos cazadores galegos e esa é a miña ilusión. Eu vexo a Federación Galega como a suma das 4 federacións provinciais, a min sempre me gustou máis sumar e multiplicar que restar e dividir.
Os pilares e o horizonte da FGC non pode ser moi distinto do que mantivo ata agora, xa que eu levo pertencendo a esta Federación dende fai 16 anos, e sería incoherente se digo que vou facer unha revolución. Creo que o obxetivo é a caza social en Galicia pero é certo que na actualidade cinexética hai uns certos puntos candentes que son: o tema dos danos que tentaremos resolver, non so a nivel autonómico se non a nivel nacional, xa hai algunhas novidades con respecto a isto e hai reunións en Madrid e creo que se está avanzando moito e polo bo camiño. O noso obxetivo e que nas estradas a nosa responsabilidade quede reducida a acción de cazar.
Aparte dos ditos anteriormente referente os daños, reglamento, etc. Tamén temos un touro importante que lidiar, e é a comunicación, e eso creo que é unha asignatura pendente da Federación. É o noso deber comunicarlle o resto da sociedade quenes somos os cazadores. Gustaríame que quedara patente que o cazador do século XXI é unha persoa que ama a natureza, que a cuida, que a respeta e que a aproveita de xeito adecuado, e creo firmemente que esta debe ser a definición do cazador do século XXI e que esto é o que nós queremos traslador o resto da sociedade galega. Si alguén ten interés en que se cuide a natureza, este é o cazador, ainda que sexa so por egoismo, os cazadores temos claro que aun medio mellor coidado significa un medio con mellor renta cinexética. Ainda que sexa por egoisma, ainda que é por mais porque o cazador gústalle a natureza e o medio en que desenvolve a súa actividade, nos somos os mais interesados en conservar e coidar o noso medio.
Pois que os cazadores temos que seguir desenrolando a liña que mantivemos nestes derradeiros anos, como dixen antes, cazar con responsabilidade, con respeto o medio e aprender e saber que no monte convivimos moitos colectivos e que temos todos a cavida. A caza é compartir. |