ACLARACIÓN
O campionato social celebrado na Terra Chá non contaba coa autorización da FGC
14/2/2011

Ante a nova publicada polo diario El Progreso sobor da celebración dun campionato social de caza de raposo na Terra Chá, Lugo, a Federación Galega de Caza quere deixar claro que en ningún momento tivo coñecemento do evento ata a súa publicación no citado diario, e por suposto, tampouco otorgou o correspondente informe favorable para a súa celebración.