CONSELLO FORESTAL |
O Presidente da FGC, Javier Nogueira, asiste á reunión do Consello Forestal de Galicia |
2/2/2011 |
O Presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, ven de participar no pleno do Consello Forestal de Galicia que preside o Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, no que aproveitou a súa presenza para intervir no apartado de rogos e preguntas solicitando da Consellería a coordinación das accións forestais que se realicen en terreos cinexéticos, pedíndolle que se informe ás sociedades de caza propietarias dos dereitos cinexéticos de calquera actuación que poida interferir na modificación do hábitat, para evitar accións contraditorias que puideran prexudicar a convivencia entre os distintos aproveitamentos do monte. |