RAPOSO PONTEVEDRA | ||||||||||||||||||
A cuadrilla Lanzada 2 foi a gañadora do Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo | ||||||||||||||||||
18/1/2011 | ||||||||||||||||||
O pasado 15 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Raposo, que tiña lugar nos de A Lama, A Laxe, A Peneda, Cotobade, Coto Suído, Covelense, Fornelense, Mondarizana, O Coirego, Pazos de Borbén, Pestica, Ribadetea – Padróns, San Bernabé de a Graña, Traspielas, Verdeseixo e Xesta - Seixido, e que organizaba a Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coas sociedades titulares dos citados tecores. Participaban na proba un total de 46 cuadrillas de toda a provincia, resultando gañadora “Lanzada 2” ao capturar 3 raposos. A cuadrilla “Lanzada 6” remataba no segundo posto con 2 raposos cobrados. Os mesmos capturaba a cuadrilla “Montes de Arousa 3”, que remataba no terceiro posto. As catro primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.
| ||||||||||||||||||