A experiencia piloto arrincou no ano 2009 en varias leiras, que suman unha superficie de once hectáreas, no tecor da Fonsagrada. Segundo o organismo provincial, lográronse reducir nun 70 por cento os danos do xabaril nos cultivos.
Tras os bos resultados obtidos, fai un par de meses o goberno provincial anunciou a aplicación desta mesma medida noutros catro concellos lucenses nas que son frecuentes as incursións do xabaril: Castroverde, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna.
Neste caso, a superficie de terreo na que se está sementando o cereal é de 28 hectáreas, coa previsión de que nunha primeira fase do proxecto os danos causados por esta especie salvaxe nos cultivos redúzanse nun 40 por cento.
Aplicación nos viñedos
Ante o éxito desta iniciativa, desde a Deputación de Lugo está a barallarse aplicar esta técnica a en zonas produtoras de viño, na Ribeira Sacra, na que os veciños se queixan dos danos que o xabaril causa nas súas vides.
Segundo indicaron desde a institución provincial, o tecor de Quiroga xa solicitou a colaboración do Inludes para atallar un problema que, segundo os produtores vitivinícolas, está a causar xa importantes perdas económicas. |