RAPOSO CORUÑA | ||||||||||||||||||
A cuadrilla “Cinexética Muxiana” gaña o Provincial de Raposo de Coruña | ||||||||||||||||||
17/1/2011 | ||||||||||||||||||
O pasado 15 de xaneiro celebrábase o Campionato Provincial de A Coruña de Caza de Raposo, que tiña lugar nos Tecores das Sociedades de Ordes, “Visantoña”, “O Sanatorio” de Cesuras,e “A Magdalena” de O Pino e “O Gatillo”, e organizaba a Federación Galega de Caza en A Coruña en colaboración coas citadas sociedades de cazadores. Participaban na proba un total de 64 cuadrillas de toda a provincia, resultando gañadora “Cinexética Muxiana”, da sociedade do mesmo nome, ao capturar 3 raposos. Os mesmos capturaba a cuadrilla “Ordes C”, da Asociación de Caza de Ordes, que remataba no segundo posto. A cuadrilla “Os Magníficos” da Sociedade de Vimianzo, que acadaba o terceiro posto, capturaba 2 raposos durante a competición. As catro primeiras cuadrillas clasifícanse para o vindeiro Campionato Galego da modalidade.
| ||||||||||||||||||